publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza o obradoiro “Sendas de Burela, Cervo e Xove 2”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCervoXove
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

Este obradoiro, que comezou o pasado 29 de agosto de 2014, foi promovido polo Concello de Xove, contando tamén coa colaboración dos Concellos de Cervo e Burela. No mesmo inscribíronse 20 persoas de tódalas idades. A sede organizativa e coordinativa do mesmo estivo no Concello de Xove.

O obradoiro, como cáseque todos deste tipo, tivo unha parte teórica e outra práctica.      

En canto ás diversas partes teóricas, foron impartidas no antigo Colexio de Palmeiro; ademáis da teoría propia do obradoiro, desenvolvéronse varias actividades formativas tranversais: igualdade, sensibilización medioambiental, informática básica, prevención de riscos laborais e técnicas de busca de emprego.  

A parte práctica desenvolveuse en varios lugares do noso Concello: no entorno do Centro Cívico (parque e entorno), na Urbanización Palmeiro no entorno da sede de COGAMI e ao carón do antigo colexio. Tamén se realizou a poda e mantemento de toda a masa árborea da Avenida Deputación e dos parques de Xove.

A duración do curso foi de 6 meses, 2 de teoría e 4 de teórico-práctico.

O obradoiro foi financiado pola Consellería de Traballo (a través da Dirección Xeral de Emprego) e o Fondo Social Europeo. Pola súa banda, o noso Concello puxo a disposición do obradoiro os medios materiais, básicamente ferramentas e útiles de traballo (desbrozadoras, cortacéspedes, vehículos, etc.), financiando tamén parte dos materiais para o seu desenvolvemento.

27 de febreiro de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.