Fin de semana de Corredoiro en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Na xornada de mañá e o domingo continuará o ciclo do Entroido coa celebración do Sábado e Domingo de Corredoiro en Verín, con actividades aptas para todos os públicos.

Mañá Sábado de Corredoiro, a Residencia de Anciáns Santa María acollerá a partir das 16 horas un baile de máscaras o Sábado de Corredoiro. Trátase da segunda vez que nesta residencia se organiza un acto en colaboración coa organización dos Festexos do Entroido, no que a animación musical correrá a cargo da Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín, que interpretará un repertorio composto por medio centenar de temas bailables variados que bandas populares e orquestras de verbena popularizaron na segunda metade do pasado século. O obxectivo co se promove é que as persoas que participaron activamente dos carnavais nos seus anos de mocidade e vida adulta e agora están separados das súas familias e dos espazos de relación máis significativos nas súas biografías, manteñan viva a calor destes festexos populares e se sigan integrando neles, máis alá das súas limitacións persoais.

O 08 de febreiro, Domingo de Corredoiro, a partir das 11.30 horas terá lugar a tradicional concentración de cigarróns na praza do Concello para, con posterioridade, recibir aos fregueses á saída das igrexas Parroquial e RR.PP. Mercedarios. Música nas prazas Maior e García Barbón, a cargo da charanga Támega, Disco-Móvil Gramola e da orquestra Cinema.

6 de febreiro de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.