Festival solidario e homenaxe a Rosalía na fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Venres 27 de febreiro

•    21.00 h – Auditorio de Rianxo

•    III FESTIVAL SOLIDARIO A FAVOR DE CÁRITAS PARROQUIAL RIANXO

Coas actuacións de Os Perucos, El llanto de un ciego, O aquel de aquelar, Grupo folc a Dorniña, Alumnado da Escola de Música de Rianxo e Silvia Ferre e Alfredo Susavila. Presentando o acto Mercedes Pimentel e Xián Iglesias.

As entradas teñen un custe de 5 € e poden adquirirse anticipadamente no Local de Cáritas ou senón o propio día do festival a partir das 19.00 horas no Auditorio de Rianxo. Coa entrada entrarás no sorteo de diferentes agasallos donados polo comercio local.

Sábado 28 de febreiro

•    18.30 h – Xardín de Manuel Antonio

•    ACTO DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. Anímate e participa !!

Para conmemorar o 178 aniversario do seu nacemento, xunto a escultura de Rosalía de Castro que se atopa nos xardíns Manuel Antonio, desenvolverase un acto en lembranza da autora no que se fará unha lectura dos seus textos por parte de institucións, entidades, particulares,… Así que anímate e participa. As pandeireiras Rianxeiras da Covecha interpretarán varias pezas.

Tamén lembrarlle que ata o 14 de marzo poden visitar no Auditorio de Rianxo a Exposición Retrospectiva do pintor noiés Nacho C. Beiro.

25 de febreiro de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.