publicidade hoxe

Festas na honra a San Blas en Santiorxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coas Festas na honra a San Blas que esta fin de semana se celebran en Santiorxo, o sábado día 7 e o domingo día 8.

O día sete a partir das 22:00 horas haberá unha pancetada de balde para todos os asistentes e baile amenizado polo Dúo Savia Fresca.

O día 8 ás 12:00 horas haberá misa solemne e procesión na honra a San Blas. A sesión vermú e a festa de tarde-noite estarán amenizadas polo grupo Dúo Bandoneón.

O recinto onde se levará a cabo a festa estará cuberto con carpa.

Curiosidades da festa

Nesta celebración é habitual que familias e grupos numerosos de amigos e amigas se xunten no entorno do miradoiro de Santiorxo ou do campo da festa para facer a proba dos chourizos novos e outros produtos do porco propios da época. Nos actos relixiosos moitos dos devotos pídenlle a San Blas poder recuperarse das súas doenzas, principalmente aquelas relacionadas coa gorxa.

6 de febreiro de 2015 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.