publicidade hoxe

Festa infantil, baile de disfraces e actuación da orquestra Panamá no Entroido de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda celebrará este ano o Entroido con sendas festas para os máis pequenos da casa e máis para o público adulto. En ámbolos dous casos, o escenario elixido é o pavillón municipal da real vila e, a entrada, completamente gratuita. A primeira cita será o martes 17 de febreiro, xornada na que está prevista a festa infantil. Dará comezo ás cinco da tarde e, na mesma, non faltará a música, os xogos, a animación e os inchables. O único requisito para participar é disfrazarse e ter ganas de diversión. O venres 20, dende as 21,30 horas, dará comezo o gran baile de disfraces. Contará coa música en directo da Orquestra Panamá e, no seu transcurso, os asistentes poderán repor forzas cunha degustación gratuita de cocido, tan típico nestas datas.

2 de febreiro de 2015 | 12:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.