Festa de Entroido no Santiago Futsal contra o Jaén Paraíso Interior
O Santiago Futsal celebra este venres a súa particular festa de Entroido no encontro da 22ª Xornada de Liga no que recibe a Jaén Paraíso Interior. Aproveitando as datas destas tan queridas festas galegas, o clube invita a todos aqueles rapaces que queiran aproveitar o partidazo do Santiago Futsal para lucir os seus disfraces, xa sexan de home araña ou de cociñeiro. Todos os rapaces menores de 18 anos que veñan disfrazados terán acceso gratuito ao encontro.
Antes do comezo do partido, Manu Castiñeiras, ex xogador do SD Compostela que se retirou a finais de Xaneiro despois de 10 anos no clube branquiazul, fará o saque de honra en recoñecemento á súa carreira profesional. Ademais, no descanso do partido, o equipo de Psicomotricidade do Santiago Futsal, formado por nenos de 3, 4 e 5 anos, xogarán un minipartido na pista central do Multiusos.
A esta gran festa de Entroido súmase o xa tradicional sorteo dos descansos. Esta vez, e aproveitando a ocasión, terá como premio un lote de produtos típicos de Entroido cortesía de Charcuterías Seco. As rifas manterán o precio de 1€ e poderanse mercar no hall do acceso ao pavillón. Xa sabes, ti preparara o teu disfrace que nós agardámoste este venres ás 21h no Multiusos Fontes do Sar.











