Ferrol recordará mañá ás vítimas por violencia de xénero coa prantación de rosas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Igualdade e Xuventude que dirixe Verónica Casal Míguez, celebrará mañá venres un acto institucional contra a violencia de xénero para lembrar ás mulleres vítimas desta lacra social así como condenar os malos tratos contra a muller.

A edil Verónica Casal participará xunto con alumnos/as do colexio Cristo Rei neste acto que dará comezo ás 11:00 horas nos xardíns do parque Raína Sofía coa practación dunha rosa por cada vítima por violencia de xénero. Posteriormente, ás 12:00 horas lerase diante do Pazo Municipal un manifesto de repulsa contra a violencia machista e de solidariedade coas vítimas, para rematar cun minuto de silencio polas mulleres vítimas da violencia.

5 de febreiro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.