Ferrol inviste 40.000 euros en varias actuacións de mellora e embellecemento de espazos públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñóz, invistiu case 40.000 euros en diferentes actuacións de mellora e embellecemento de espazos públicos. Estas intervencións, que atenden a peticións veciñais, centráronse en catro puntos do municipio ferrolán: a estrada de Castela, Porta Nova e as parroquias de Serantes e Valón.

Así as cousas, na estrada de Castela -entre as rúas Pontevedra e Cataluña- acometeuse a reparación de alcorques de beirarrúas. Esta actuación de mellora completa os traballos realizados nas últimas semanas no contorno da estrada de Castela, que incluíron a colocación de xardineiras e a instalación dunha marquesiña.

Así mesmo, rrecuperouse, despois de anos, a iluminación no arco de Porta Nova, completando así as intervencións de mellora e mantemento das últimas semanas deste espazos coa poda de árbores, pintado de farolas, colocación de novos bancos con respaldo, a eliminación das pérgolas ou a reposición de lousas.

Outras das actuacións de mellora en espazos públicos se centraron na zona rural do municipio ferrolán. Unhas intervencións, demandadas polas asociacións veciñais de Serantes e Valón, que consistiron na instalación dunha acometida no local de Valón así como a eliminación de vertidos na estrada de Xoane, debido a un vertido no río da Sardiña. Estas son dúas peticións recollidas polo Goberno Municipal nas reunións semanais que mantén coas entidades veciñais ao abeiro do Plan de Barrios.

18 de febreiro de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.