Ferrol inaugurará mañá as xornadas municipais “Educando en igualdade”
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, inaugurará mañá xoves as Xornadas Municipais de Educación “Educando en Igualdade”, que organiza a Concellería de Educación coa colaboración da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC) e do Valedor de Pobo. Este acto inaugural dará comezo ás 17:00 horas no Salón de Actos do Campus de Ferrol – Esteiro e contará tamén coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, Araceli Torres. Así mesmo, haberá unha actuación musical a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol – Xan Viaño.
Máis dun centenar de persoas participarán nestes xornadas educativas, de carácter gratuíto, que se celebrarán mañá xoves e pasadomañá venres e que continuarán os días 5 e 6 de marzo. Estas charlas terá lugar no Salón de Actos do Campus de Ferrol e a Aula Magna da Facultade de Humanidades. A programación inclúe talleres, seminarios, conferencias e coloquios nos que se abordarán temas como as relacións familiares e educativas, os menores e as novas tecnoloxías, o papel das familias na educación, o acoso escolar ou bullying, e a prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.
Programación completa
Así as cousas, a programación completa de actividades para estas Xornadas municipais de Educación “Educando en Igualdade” é a seguinte:
Xoves, 26 de febreiro de 2015:
– 17.00 h. Acto inaugural das xornadas. Esta prevista a asistencia do alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, Araceli Torres. Haberá unha actuación musical a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol – Xan Viaño.
– 17.15 a 20.00 h. Taller-Seminario sobre “Relacións familia-fillos/as e relacións profesorado-alumnado. Outros escenarios educativos: actividades extraescolares e outros servizos”, a cargo de Jaume Carbonell Sebarroja, director da revista Cuadernos de Pedagogía (1997-2012); e autor de diferentes publicacións e artigos sobre escola, educación e renovación pedagóxica.
Venres, 27 de febreiro de 2015:
– 17.00 a 18.30 h. Conferencia-Coloquio: “Menores e novas tecnoloxías. Unha responsabilidade compartida”, coa participación de Daniel Neira Barral, responsable da Área de Novas Tecnoloxías da Oficina do Valedor do Pobo; e Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do proxecto “Mocidade on line”.
– 18.30 a 20.00 h. Conferencia-Coloquio: “¿Que se aprende dentro e fora da escola? O papel da familia e doutros axentes educativos”, a cargo de Jaume Carbonell Sebarroja.
Xoves, 5 de marzo de 2015:
– 17.00 a 21.00 h. Taller-Seminario: “Acoso e violencia escolar. Estratexias de prevención, avaliación temperá e intervención en casos de Bullying”, con Iñaki Piñuel y Zabala, profesor titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Alcalá; autor de diferentes publicacións e artigos sobre violencia, acoso escolar e bullying.
Venres, 6 de marzo de 2015:
– 17.00 a 18.00 h. Obradoiro: “Educar e coeducar: prevención da violencia de xénero nos espazos educativos”, impartido por “Sara Vierna Fernández, Educadora social e axente de igualdade. Socia de Sinergias-Intervención Social.
– 18.00 a 20.00 h. Conferencia-Coloquio: “Estratexias para avaliar e previr o acoso e violencia escolar ou bullying”, con Iñaki Piñuel y Zabala.











