Ferrol impulsa un obradoiro de cociña para menores que se impartirá no mercado municipal da Madgalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, presentou esta mañá o novo obradoiro “Pequechef” dirixido a menores entre 4 e 12 anos. Esta master class, impartida polo chef Damián Alonso, se celebrará en dúas sesións dependendo da idade dos participantes e contará cun total de 30 prazas, 15 en cada sesión.

Así as cousas, a actividade de cociña para os nenos/as de 4 a 6 anos se realizará o vindeiro sábado 21, mentres que os menores entre 7 e 12 anos desenvolverán esta master class o día 28. As inscricións poderánse formalizar a partir de mañá martes no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol e se prolongará ata o día 18 -para os menores de 4 a 6 anos- e ata o día 23 -no caso de nenos entre 7 e 12 anos-.

A edil Verónica Casal explicou que “Pequechef” se desenvolverá no Mercado de A Magdalena e dará comezo ás 11:00 horas coa presentación e entrega do material e continuará cun percorrido polas instalaciíons para que os menores merquen os alimentos para realizar a receta. Ás 12:00 horas comezarán a cociñar o seu menú para despois degustalo coas súas familias. E por último, os pequenos recibirán un diplomas que acreditará a súa participación en “Pequechef”. Ademais, a concelleira de Igualdade e Xuventude avanzou que se existe demanda se repetirá no vindeiro mes de abril.

9 de febreiro de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.