Ferrol e Xestur-Galicia formalizan a recepción do polígono do Bertón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Sinatura da recepción

Sinatura da recepción

O Concello de Ferrol tende dende hoxe oficialmente a propiedade do polígono do Bertón. O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación, Guillermo Evia Pérez, asinou esta mañá con responsables da entidade Xestión do Solo de Galicia (Xestur-Galicia) a acta de recepción desta zona residencial e dotacional, un trámite administrativo que tivo lugar na Casa Consistorial da cidade.

Co asinamento deste documento de entrega, o Goberno Municipal pon punto final a unha cuestión que se remonta ao anterior mandato, desbloqueando así a situación. A recepción deste polígono por parte do Concello de Ferrol ten lugar despois de que Xestur-Galicia, ente autonómico promotor da actuación, ten cumprido con todos os requisitos que se lle solicitaron en canto ao remate dos traballos de urbanización que estaban pendentes de executarse e que hoxe están feitos o que garante que o polígono de O Bertón conta cuns servizos axeitados para os usos residenciais e dotacionais que ten..

26 de febreiro de 2015 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.