Fene pon en marcha o sistema de facturación electrónica
O Concello de Fene acordou a adhesión ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado, denominado FACe.
Na práctica, o concelleiro de Facenda, Juan José Franco, informa de que todos os proveedores deberán facturar, a partir dagora, electrónicamente e presentar a factura a través do punto xeral de entrada de facturas electrónicas. Informa tamén que quedan excluídos da obriga as facturas cun importe de ata 5.000 euros (IVE incluido), sen perxuízo de que estas conteñan todos os datos e información requeridos con carácter xeral.
En todo caso, o edil sinala que na plataforma FACe atópase toda a información necesaria para que os proveedores remitan as súas facturas electrónicas e realicen o seguimento da súa tramitación, así como que no directorio de Organismos adheridos está o Concello de Fene.











