publicidade hoxe

Fene, Ares e Cabanas concurrirán ás convocatorias de obradoiros de emprego e cursos formativos da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresCabanasFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá de que o Concello de Fene concurrirá con Ares e Cabanas ás convocatorias abertas pola Xunta de Galicia en materia de formación e emprego. Máis concretamente, á liña de axudas para os obradoiros de emprego e os programas mixtos de emprego e formación. No primeiro caso, a formación solicitada preséntase baixo as seguintes denominacións: Actividades auxiliares e de axuda ao buque en porto; Actividades auxiliares de agricultura; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de carpintería e mobre. No segundo, pediránse catro especialidades, das que tres serán: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e Pintura industrial en construcción e Auxiliar de xardinería.

Neste sentido, o edil lembrou a importancia de que os posibles destinatarios, mozos e mozas empadronados nos municipios, se inscriban no ficheiro do Sistema nacional de Garantía Xuvenil, xa que é requisito imprescindible para optar a unha praza nos programas. Dende o Servizo Municipal de Orientación Laboral de Fene se ofrece toda a información ao respecto para que cumpran con este trámite.

9 de febreiro de 2015 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.