publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feira do remate do Entroido en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O domingo 22 de febreiro no Parque Náutico de Castrelo celebrarase como tódolos derradeiros domingos de mes a Feira de Castrelo. Este mes co gallo do Entroido a partires das 12 horas haberá un desfile de As Bonitas de Sande.

E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:

- Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e  hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de  alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)
- 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.
- Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.

19 de febreiro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.