Feijóo salienta a traxectoria de Antón Pulido na inauguración en Ourense dunha mostra antolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
O presidente da Xunta na inauguración da mostra. Foto: A. Varela

O presidente da Xunta na inauguración da mostra. Foto: A. Varela

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a traxectoria de Antón Pulido e referiuse a el como un artista “comprometido con Galicia” que soubo trasladar o seu sentimento galeguista aos lenzos.

Durante a inauguración da exposición Antón Pulido: Antolóxica, o titular do Goberno galego afirmou que esta exposición é unha ventá aberta á obra dun dos grandes da pintura ourensá e galega; “cada un dos cadros da exposición conforman un grande agasallo para os sentidos, un grande agasallo para espertar a sensibilidade de calquera”, dixo, para engadir que esta mostra “guíanos desde o expresionismo ata a arte abstracta, sempre da man dun pintor que, en medio século, nunca se acomodou”.

Feijóo subliñou que os camiños e os abismos que pinta Pulido reflicten o estado de ánimo e as perspectivas de quen contempla os lenzos, introducindo o espectador na obra de arte. “Esta retrospectiva convértese nunha completa panorámica da maduración artística dun autor que soubo reinventarse constantemente, que non perdeu o interese por facer cousas ben feitas”, abundou.

9 de febreiro de 2015 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.