FECIMO informa á Hostalaría e Restauración sobre o novo regulamento de información ao consumidor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

A Federación de comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO organiza na súa sede unha xornada informativa sobre o novo marco normativo que afecta a todo aquel establecemento de venda e servizo de alimentos non envasados.

Trátase dun regulamento europeo sobre información ao consumidor de produtos alimenticios onde se recollen unha relación de alérxenos que deben ser indicados correctamente polo empresario co obxectivo de facilitar un alto nivel de protección da saúde dos seus clientes.

Esta xornada está dirixida a todos aqueles establecementos que:

– sirvan comidas

– vendan alimentos sen envasar ou envasados a petición do consumidor

– vendan ou suministren alimentos sen envasar a outros establecementos como colexios, hospitales, restaurantes…

– a aquelas empresas que presten servizos de asesoramento a empresas do sector da hostalaría e todas aquelas persoas que estén interesadas nesta formación.

24 de febreiro de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.