publicidade hoxe

Falece o edil de Abegondo, Eduardo Zapata, tras incendiarse o seu coche tras chocar contra unha árbore

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O Concello de Abegondo (A Coruña) mostrou a “súa profunda consternación” polo falecemento este luns do concelleiro Eduardo Zapata, nun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Cabanas, ao sairse da vía o coche que conducía, impactar contra unha árbore e incendiarse.

Eduardo Zapata era concelleiro do goberno local de Abegondo, do Partido Popular. Entrou na corporación no ano 2007 e dende 2009 forma parte do grupo de goberno.

No actual mandato coordinaba as áreas de Promoción Económica, Industria, Mercados e Comercio, e dende decembro tamén a área de Protección Civil.

O alcalde da localidade coruñesa, José Antonio Santiso, lamentou a morte “dun “amigo e unha persoa moi querida en Abegondo” e transmitiu á súa familia todo o ánimo e apoio nestes momentos, en nome da corporación e do Concello.

O sinistro tivo lugar sobre as 11,30 horas nunha pista veciñal, que vai de Cabanas a Vions, ao seu paso por Abegondo, segundo datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico e a Garda Civil.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e un médico, que confirmou o falecemento no lugar dunha persoa, segundo sinalaron fontes sanitarias.

23 de febreiro de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.