publicidade hoxe

Falece aos 82 anos o empresario Mario Vázquez Raña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAviónGalicia exteriorLocal PortadaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

O empresario mexicano Mario Vázquez Raña, fillo de emigrantes ourensanos que nunca perdeu o vínculo con Galicia, faleceu o domingo aos 82 anos na súa casa na cidade de México.

Segundo a Organización Editorial Mexicana, grupo de máis dun centenar de medios de comunicación do que o tamén expresidente do Comité Olímpico Internacional (COI) era presidente e director xeral, Vázquez Raña sufriu unha insuficiencia respiratoria aguda a consecuencia dun cancro que padecía dende había uns meses.

“Mario Vázquez Raña, dono, líder moral e guía do olimpismo no noso país, faleceu hoxe. Lamentamos profundamente a súa partida”, publicou o Comité Olímpico Mexicano na súa conta de Twitter, pois tamén liderou durante máis dunha década esta organización.

NADO EN 1928

Fillo de Venancio e María, que emigraron dende Ourense a México en 1928, Mario Vázquez Raña naceu o 7 de xuño de 1932 na Cidade de México. Sobrevívenlle a súa esposa Paquita Ramos de Vázquez, así como os seus fillos Marisol, Mariña, Miriam, Mario e Mauricio.

Licenciado en Administración de Empresas pola Universidade Nacional Autónoma de México, comezou traballando xunto ao seu pai nun pequeno almacén que posteriormente se converteu nun grande empresa, Almacenes Hermanos Vázquez.

Dende moi novo, Mario interesouse polo tiro deportivo, ao igual que o seu irmán Olegario, que tamén viaxa frecuentemente a Avión, e en 1972 representou a México nos xogos Olímpicos de Múnic como líder do equipo de tiro.

9 de febreiro de 2015 | 10:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.