publicidade hoxe

Éxito da Cata dos Viños de Galicia en Enomaq

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorMonterreiOurense
A-
A+
Cata de viños galegos en Zaragoza

Cata de viños galegos en Zaragoza

A Asociación de Enólogos de Galicia celebrou esta mañá unha cata de viños brancos xenéricos das cinco denominacións de orixe galegas no 20 Salón Internacional de maquinaria e equipos para adegas e de embotellado 2015, que se celebra do 24 ao 27 de febreiro en Zaragoza.

O presidente do C.R.D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes asistiu esta mañá a Enomaq para participar na cata de viños brancos galegos que ofreceu a Asociación Galega de Enólogos ao sector profesional congregado na feira Enomaq.

O presidente da Asociación Galega de Enólogos, Luis Buitrón, e Alfonso Losada, da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) estiveron á fronte unha cata, na que Galicia presentou ao sector a súa riqueza varietal. Viños brancos selectos elaborados de variedades de uva autóctona, que posicionan a Galicia como referente na oferta vitivinícola española.

A actividade promovida por esta Asociación en colaboración coas cinco denominacións de orixe de viño galegas conseguiu completar aforamento, o que pon en relevo a gran notoriedade que están a adquirir as rexións vitivinícolas galegas, diferenciadas por unha oferta varietal propia e por un sector puxante que aposta pola calidade nas súas elaboracións, cada vez máis valoradas pola crítica e o consumidor final.

26 de febreiro de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.