publicidade hoxe

Estudantes do programa Erasmus + visitarán Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O alcalde recibirá o vindeiro luns a alumnos/as e profesores do programa “Erasmus +” que chegan este domingo a Monforte. Ás 10:00 h, na casa do Concello, Severino Rodríguez daralles a benvida á cidade a oito mozos e mozas e a dous profesores participantes neste programa europeo.

Os e as estudantes e profesores, que pasarán uns días en Monforte con compañeiros/as do colexio PP. Escolapios, son orixinarios de Italia, Lituania, Portugal, Polonia, e Gales.

O programa Erasmus + enmárcase nas estratexias Europa 2020, Educación e Formación 2020, e Rethinking Education, englobando tódalas iniciativas de educación, formación, mocidade e deporte.

En materia educativa abarca tódolos niveis: escolar, formación profesional, ensino superior e formación de persoas adultas.

Este programa céntrase na aprendizaxe formal e informal máis alá das fronteiras da UE, cunha clara vocación de internacionalización e abríndose a terceiros países co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para a empregabilidade de estudantes, profesorado, e traballadores e traballadoras.

21 de febreiro de 2015 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.