publicidade hoxe

Entrega de árbores froiteiras, ornamentais, forestais e plantas de xardín en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Un ano máis a Concellería de Agricultura vai proceder á entrega de árbores a todos os veciños/as que o solicitaron. Concretamente, pasado mañá, MÉRCORES 4 DE FEBREIRO, vai ter lugar a entrega das árbores froiteiras, autóctonas e tamén plantas de xardín solicitadas nesta campaña 2014/15, campaña que tivo unha excelente acollida.

A entrega realizarase en horario de 10:00h a 13:00h, nun local axeitado para tal fin, anexo ao Concello, enfrente da Residencia da 3ª Idade.

2 de febreiro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.