Doce colectivos teñen a súa sede na Casazul e forman parte do proxecto Hedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal levará a cabo, o vindeiro mércores, 4 de marzo, ás 19.30 horas unha nova xuntanza das asociacións pertencentes ao programa Hedra, e que teñen a súas dependencias na Casazul.

O programa Hedra ten como obxectivo consolidar o tecido social do Concello de Pontevedra impulsando e favorecendo o movemento asociativo que atinxe ao eido do benestar social. As asociacións que forman parte do programa e que asinarán hoxe o protocolo son:

• ADIPO (Asociación de deseño, innovación, producción e oficios)

• Asociación Parkinson Galicia

• Grupo Peregrino – Alcólicos anónimos

• Manaia. Asociación galega de axuda á adopción

• Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

• Asociación Cultural Trepia (adícase ao baile e cultural tradicional galega)

• Asociación Cultural Black Box Project (adícase ao entrenamento das disciplinas da cultural urbán: rap, breakdance e beatbox, entre outras).

• Asociación de veciños “Santa María”

• Anedia. Asociación de nenos e nenas con diabete

• Asociación de persoas xordas de Pontevedra

• Arxilarte. Asociación cultural de ceramistas

• Medrando á par. Servizo integral educativo de apoio á familia.

Dentro da filosofía de consolidación do tecido social pontevedrés, as asociacións Hedra propoñen diversas accións de colaboración coa Casazul dependendo da súa finalidade: charlas informativas, ciclos de proxeccións, fomento e formación en lingua de signos, campañas de sensibilización, atención personalizada para axuda e orientación á poboación xeral, cursos monográficos, apoio nos “Días mundiais”, aulas formativas interactivas, …

25 de febreiro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.