Disfraces listos para a II Laconada Obradoirista cos xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase para celebrar a II Laconada Obradoirista, con motivo das Festas de Entroido. A cita, que espera repetir o éxito da súa primeira edición, terá lugar o próximo luns 16 de febreiro a partir das 21.00 horas, un ano máis no Hotel Monumento San Francisco, membro do Club de Empresas Obradoiro.

De novo, os afeccionados poderán compartir mesa cos xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro nesta actividade creada para reunir á masa social que está detrás do club, e na que os disfraces máis orixinais volverán ter premio. O mellor disfrace adulto levarase unha xornada a media pensión no San Francisco Hotel Monumento e un Balón Oficial Obra asinado por toda o equipo, mentres que o mellor disfrace grupal logrará unha sesión de Spa no Hotel A Quinta da Auga. Tamén os máis pequenos poderán conseguir un Balón Oficial Obra asinado polos seus ídolos só por disfrazarse.

O prezo da Laconada inclúe ademais da cea o posterior baile a cargo da discoteca móbil La Gramola, e é de 16 euros para nenos menores de doce anos, 24 euros para subscritores ou accionistas e 29 euros para o público xeneral.

O aforamento é limitado, así que adquire a túa entrada na recepción do San Francisco Hotel Monumento antes do próximo venres 13 de febreiro. Máis información no correo electrónico hotel@sanfranciscohm.com ou no teléfono 981581634

2 de febreiro de 2015 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.