Deteñen na Coruña a un home por agresión á súa parella tras unha discusión familiar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Local detiveron na Coruña a un home de 28 anos pola suposta agresión á súa parella tras unha discusión familiar, segundo informa. O suceso produciuse o día 15 cando unha dotación da Policía se desprazou á zona da Gaiteira. Á súa chegada, os axentes atopáronse coa porta da vivenda aberta, sendo recibidos polos implicados e unha irmá da muller que se atopaba no domicilio.

Os axentes procederon a entrevistarse coas partes por separado, podendo concretar, á vista das manifestacións de ambos, que esa noite celebraran unha festa e que pola mañá se produciu unha discusión no transcurso da cal o home golpeara á súa muller, que presentaba un enroxecemento nun dos ombreiros.

A muller, de 31 anos de idade, manifestou que non era a primeira vez que o seu marido a agredía e que non presentara denuncia, xa que el ameazábaa e tiña medo que consumase as ameazas.

Á vista destes feitos os policías procederon á detención e posta a disposición xudicial deste home de 28 anos de idade, a quen se lle imputou un delito de violencia de xénero.

16 de febreiro de 2015 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.