Destínanse máis de 700.000 euros ao proxecto de urbanización da rúa Concello en Ourense
O Concello de Ourense realizará un investimento de 722.769,46 euros para a urbanización da rúa Concello no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e ata a rúa Xoán XXIII. Esta inversión, incluída no Plan de Investimentos do Concello e demandada polos veciños e as veciñas da cidade, contempla a pavimentación da rúa, a súa reordenación transversal e a renovación das redes de abastecemento, saneamento e alumeado. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Infraestruturas, Juana Ageitos deron conta deste acordo, trala sesión ordinaria da xunta de goberno local desta mañá.
Proxecto de urbanización
O estado actual da rúa presenta certo deterioro na superficie do adoquinado o que provoca un tránsito pouco confortable e amosa a necesidade da súa renovación e rehumanización. É por isto que o proxecto consiste en tres actuacións clave: dunha banda renovar a pavimentación, doutra, repoñer as beirarrúas, aumentando o seu ancho e, en terceiro lugar, renovar as redes de abastecemento, saneamento e a mellora da iluminación pública, substituíndo as luminarias e soterrando a súa condución.
Das alternativas estudiadas e avaliadas polo director do proxecto se adopta a óptima dende o punto de vista técnico. Esta solución divide a rúa en dous tramos que requiren actuacións diferenciadas.
O tramo inicial, que abarca dende a Praza de Concepción Arenal e ata o Punto de Atención Primaria á Cidadanía, inclúe unha banda de aparcamentos en batería, con prazas de 2,5 metros de ancho.
Con esta solución se permite manter o ancho actual da beirarrúa dereita, ampliar a esquerda ata os 3 metros para favorecer o tráfico peonil e liberar un carril para o tráfico rodado suficiente para unha circulación fluída e a realización de manobras
No tramo final, dende o Punto de Atención á Cidadanía (PAC) e ata a rúa Xoán XXIII, increméntase o ancho dambas beirarrúas e incorpórase un dobre carril para posibilitar o xiro á dereita e a parada do autobús urbano.
Este proxecto implica a satisfación dunha petición veciñal e a humanización dunha vía de acceso ao centro da cidade de gran afluencia de tráfico rodado, ao tempo que mellora a seguridade do tráfico peonil e a accesibilidade, eliminando as barreiras arquitectónicas e correxindo os defectos provocados polo paso do tempo e a gran afluencia de vehículos e persoas.
O Concello concede licenza de apertura para o edificio xudicial
Na mesma xuntanza concedeuse licenza de apertura á Xunta de Galicia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para o Edificio Xudicial, de conformidade cos informes técnicos e xurídicos emitidos ao respecto e cumprindo os requisitos administrativos para a adopción deste acordo.
Este equipamento que conta con máis de 14.000 metros cadrados, distribuídos en 9 plantas. Terá 16 salas de vistas, e unha capacidade de ata 24 xulgados, cun importe de adxudicación de 16,5 millóns de euros.
Outros acordos
A Concellería de Cultura contará, un ano máis, co apio da AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) para a execución da programación incluída na Rede Galega de Teatros e auditorios no primeiro semestre do ano 2015. A Xunta de Goberno Local aprobou a sinatura do convenio de colaboración entre ambas entidades que permitirá o desenvolvemento en Ourense destas actividades culturais.











