Desfile de Entroido en Palas de Rei

Desfile de Entroido en Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei, a través da Oficina de Información Xuvenil, organizou o xa tradicional desfile de entroido, na vila de Palas de Rei, o pasado martes 17 de febreiro. As condicións climáticas de intenso frio rexistradas ese día non foron obstáculo para que os participantes no desfile fixesen o percorrido polas principais rúas do casco urban da vila, para posteriormente facer as suas interpretacións e parodias na Praza do Concello ateigada de xente.
O Concello de Palas este ano repartía un total de 770 €uros distribuidos en tres categorías: Individual, grupos ata 5 persoas e grupos, así como un premio especial a orixinalidade.
En canto aos premiados foron os que a continuación se mencionan:
INDIVIDUAL:
1º Premio. A Dama do Cartón. 50 Euros.
2º Premio. Shakira. 30 Euros.
3º Premio. La Jesy. 20 Euros.
GRUPOS ATA 5 PERSOAS
1º Premio. A Santa Compaña. 85 Euros
2ºPremio. Sácoche punta?. 50 Euros.
3º Premio. Kinder Solpresa. 25 Euros.
GRUPOS
1ºPremio. Sorteo Municipal de lotería. 210 Euros
2º Premio. Os bois de Lestedo. 120 Euros.
3ºPremio. Reiña do Cocido. 70 Euros.
Premio Especial á Orixinalidade. Dragoulloa e os Chinatas.110 Euros.











