David Veiga logra a medalla de bronce no Campionato de Galicia de marcha en ruta
Tras cinco tempadas, o atleta David Veiga volveu de novo a competir coa camiseta da Sociedade Ximnástica no Campionato de Galicia de marcha en ruta, e non o fixo nada mal a teor da medalla de bronce conseguida na distancia de 10 quilómetros cun tempo de 46 minutos e 20 segundos. David volve pola porta grande e pode ser unha das pezas claves do equipo masculino de División de Honra tras a marcha de Marc Tur.
Os veteranos da Sociedade Ximnástica estiveron no galego de campo a través
A Pobra do Caramiñal acolleu o Campionato de Galicia de veteranos, na modalidade do campo a través. Á cita acudiron tres atletas da Sociedade Ximnástica, Francisco Suárez, Ricardo Muniesa e Ramón Touza; correndo os tres na carreira que englobaba ás categorías a partir dos 45 anos. Na clasificación de conxuntos os tres atletas déronlle o undécimo posto ao equipo pontevedrés e a nivel individual Ramón Touza, recolleu a medalla de prata na categoría M70.











