publicidade hoxe

Cursos Formativos da Cámara de Comercio de Vigo e o Concello de Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Hoxe celebrouse o último día de Curso de Profesional Pulpeiro, onde os 20 alumnos e alumnas que participaron nel aprenderon os diferentes trucos para facer un bo polbo, empezando por distinguir as variedades por zona, o cálculo da merma, o aceite axeitado para bañar este suculento manxar así como o saber cal é o  pimentón idóneo a utilizar; o material que necesitamos para traballar e a limpeza do mesmo; cal é a forma de cocción tradicional e as diferentes coccións que se poden facer, o corte e presentación, o aderezado e o acompañamento.

No mes de abril farase outro curso formativo de cociña, esta vez enfocado a elaboración de pan artesanal e de empanadas.

Catro sesións de 2,5 h de duración que se impartiron nas novas instalacións municipais que o Concello adaptou para levar a cabo diversos cursos e actividades que teñan que ver coa cociña.

26 de febreiro de 2015 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.