publicidade hoxe

Curso de tres meses sobre fotografía dixital e photoshop en Oroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

O Concello de Oroso organiza un curso de fotografía dixital e photoshop, que terá lugar todos os venres dos meses de marzo, abril e maio en horario de 16:30 a 18:00 horas. Un curso dirixido a veciños e veciñas maiores de 12 anos que dispoñan de cámara fotográfica dixital e pen drive.

O prezo do curso para empadroados é de 20 euros por mes ou 55 euros polos tres meses. As inscricións poden formalizarse no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro ou por teléfono a 881 981 380.

23 de febreiro de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.