publicidade hoxe

Curso de monitor de fútbol base no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Carballiño
A-
A+

A Federación Galega de Fútbol coa colaboración do concello do Carballiño,organiza na nosa vila o Curso de monitor de fútbol base, que a vindeira tempada 2015-2016 será obrigatorio ter este curso para poder adestrar un equipo de fútbol base en Galicia.

O curso terá un custe de 150 € que serán descontados aos alumnos que posteriormente desexen realizar o curso de nivel 1.

A duración do curso é de 65 horas e tense previsto que o mesmo se celebre entre marzo e maio, para elo a área de deportes do concello do Carballiño abre dende hoxe, luns 23 de febreiro, unha preinscrición para saber o numero aproximado de persoas interesadas en obter a licenza para poder adestrar fútbol base.

23 de febreiro de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.