publicidade hoxe

Cores Tourís comproba o acondicionamento do sendeiro de pescadores do Río Ribadil en A Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita ao concello da Cañiza

Cores Tourís na visita ao concello da Cañiza

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de A Cañiza para comprobar, en compaña do alcalde da localidade, Miguel Adolfo Domínguez, as obras de acondicionamento do sendeiro de pescadores do río Ribadil.

Na visita estiveron acompañados polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.

Deste xeito, Cores Tourís asegurou que o municipio executou traballos de roza, e instalación de escaleiras e pasarelas neste entorno natural para o que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas aportou unha axuda global de 19.000 euros, dentro das axudas destinadas a concellos da Rede Natura. O concello de A Cañiza aportou o 21% correspondente ao IVA da obra, co que o investimento global roldou os 24.120 euros.

O delegado territorial destacou que acaba de facerse pública a concesión da segunda fase destas axudas de cara ao presente ano. Esta colaboración da administración autonómica cos concellos con Rede Natura ven a ratificar “o compromiso do Goberno galego coa conservación, coa protección e coa mellora dos parques naturais en Galicia e, en concreto, na provincia de Pontevedra, unha das que conta con maior número de concellos acollidos a estas axudas, en concreto 30, investiranse case 676.000 euros en diversos proxectos se temos en conta non só a axuda destinada pola Xunta de Galicia para estes municipios senón tamén a IVA que eles asumen”.

Segundo explicou, estas subvencións destinaranse a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos.

“O obxectivo da Consellería de Medio Ambiente é dar resposta a estes obxectivos fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, engadiu Cores Tourís, quen matizou que “estas actuacións están dirixidas”, asegurou Cores Tourís, “a contribuír a biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que compre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia”.

Cores Tourís destacou que dende a administración autonómica continuarase a perseverar no coidado da natureza. “Queremos aproveitar o atractivo económico e turístico que hai detrás da conservación da natureza. Esta é a nosa meta, ordenar e mellorar o noso entorno”.

En relación ao proxecto que realizou o concello de A Cañiza e co que continuará este ano grazas a segunda fase da subvención recentemente aprobada, o alcalde matizou que o obxectivo dos traballos foron acondicionar o sendeiro de pescadores existente, que discorre por un terro moi irregular, para consolidar un camiño máis ancho e accesible, facilitando o seu uso público, enlazando así o sendeiro que continúa no concello de Crecente, onde se levaron a cabo actuacións similares grazas tamén a colaboración da administración autonómica a través das liñas de axudas da Rede Natura.

O sendeiro parte do lugar de A Ponte, na parroquia do Couto, onde se atopa unha ponte medieval, percorre un tramo de camiño empedrado e continúa ata o límite co concello de Crecente, ao longo de 1,2 quilómetros. No percorrido atópanse varios muíños.

As actuacións consistiron no acondicionamento do sendeiro, con traballos de roza e limpeza a a instalación de infraestruturas de madeira como pasarelas ou escaleiras. Ao longo do percorrido instalaranse, ao longo deste ano, tamén sinais, tanto na estrada para indicar o desvío cara o sendeiro como outros postes indicativos en madeira tratada para orientar aos usuarios do camiño.

13 de febreiro de 2015 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.