Convócase o XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense
A concellería de Cultura do Concello de Ourense ven de convocar as bases para o Premio de Poesía Cidade de Ourense. Este importante galardón acada a XXXI edición neste 2015, e a el se poderán presentar traballos cun mínimo de 600 versos escritos en galego ou portugués.
O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 24 de abril deste ano, e a entrega de candidatas farase no rexistro do Concello de Ourense, no da Cámara Municipal de Vila Real – para os concursantes portugueses -, ou por correo certificado. A obra gañadora está dotada con 6.000 euros e a publicación do libro. O gañador da pasada edición foi Xavier Rodríguez Baixeiras coa obra A luz extinta. Xúntase o documento coas bases completas.











