publicidade hoxe

Convócase o XXIV certame de teatro para centros de ensino de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos convoca o XXIV Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino da cidade que se rexerá polas seguintes bases:

Primeira.- A delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos convoca o XXIV Certame Municipal de Teatro para centros de ensino da cidade, que se realizará dentro do programa de actividades da Delegación, entre o 8 de abril e o 7 de maio de 2015.

Segunda.- Poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro, así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

Terceira.- As presentes bases serán efectivas a partir do día en que aparezan no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es).

As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte a partir do día en que estas bases sexan efectivas. O derradeiro día para realizar a inscrición é o martes 3 de marzo.

Cuarta.- Logo do 3 de marzo os centros participantes enviarán ao Concello de Monforte a documentación da obra.

Documentación a presentar: título, autor, reparto, nome do director, sinopse e duración da obra.

Quinta.- As representacións das obras de teatro terán lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:00 h. Todos os participantes no Certame pertencerán obrigatoriamente ó centro o que representan. As datas da posta en escena das obras, serán determinadas pola Delegación Municipal de Cultura e os centros de ensino nunha reunión o martes 3 de marzo no Concello de Monforte de Lemos, ás 16:00 h.

Sexta.- Os premios consisten nun diploma e unha placa para cada un dos centros participantes.

Sétima.- As obras que representen os centros de ensino terán unha duración mínima de media hora e deberán ser estreadas no certame.

Oitava.- A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura o 7 de maio ás 21:00 h.

Novena.- A participación neste Certame implica a total aceptación das presentes bases e a súa interpretación corresponde exclusivamente á Comisión Organizadora.

Na edición do ano 2014 este certame rexistrou unha gran participación. Seis centros de ensino e a asociación invitada Prodeme, representaron un total de sete obras teatrais nas que participaron 82 actores e actrices, 12 directores/as, e varias persoas máis distribuídas nos equipos de vestiario, pqrruquería, iluminación, etc…

3 de febreiro de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.