‘Contos do Entroido’ na Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro mércores 11 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Entroido’, dentro do ciclo de actividades programadas para o Entroido 2015 e no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre festa ancestral e como manualidade un anteface -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.

9 de febreiro de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.