Conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras na Xunqueira II

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza mañá 25 de febreiro, ás 10.30 horas no IES A Xunqueira 2, unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos para un grupo de 110 alumnos/as de 2º de ESO. Durante a súa intervención Marcos Maceiras, actual presidente da asociación pola defensa da lingua A Mesa, abordará o que significan os prexuízos lingüísticos, como funcionan e cales son algúns dos principais no caso do galego.

Esta conferencia, encádrase dentro da programación que a Concellaría de Normalización Lingüística desenvolve en colaboración cos equipos de normalización e dinamización da lingua galega nos centros de ensino do concello. Esta programación está especialmente dirixida á mocidade, para promover un maior uso da lingua galega neste sector da sociedade, fundamental opara o futuro da lingua.

24 de febreiro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.