Conde e Barcia avalían vías de colaboración para dinamizar a economía de Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Francisco Conde na reunión co alcalde de Burela

Francisco Conde na reunión co alcalde de Burela

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Burela, José María González Barcia, durante a que avaliaron posibles vías de colaboración entre a Xunta e o Concello para dinamizar a economía do municipio.

No encontro, que tivo lugar na sede da consellería en San Caetano, o alcalde burelés presentou neste senso a Conde os detalles da XVI edición da Feira Expomar, que se celebrará do 14 ao 17 de maio en Burela e que se ten consolidado como un referente entre os eventos do sector náutico pesqueiro galego.

Conde e Barcia analizaron ademais os proxectos levados a cabo pola Consellería nos últimos anos en colaboración co municipio, e que tiveron especial relevancia en eidos como o comercio de proximidade, tanto para a súa modernización como para a apertura de novos establecementos; o aforro e a mellora da eficiencia enerxética da vila; e o impulso das pemes cara a o incremento da competitividade do tecido empresarial burelés.

24 de febreiro de 2015 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.