publicidade hoxe

Concentración dos veciños de Muimenta para reclamar un médico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Concentración dos veciños de Muimenta

Concentración dos veciños de Muimenta

Durante esta semana, os veciñ@s de Muimenta, a través dos colectivos que os representan decidiron, nunha reunión levada a cabo este venres, seguir coas súas medidas para reclamar que o médico sustituto da titular que se encontra de baixa, o faga no seu horario habitual e non en horario reducido (escasas dúas horas) como se fai dende fai case 10 semanas (as cumprirán este luns día 16).

Para o cal, o vindeiros venres 20 de febreiro, teñen previsto realizar unha xuntanza diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, para reclamar a reunión que o pasado martes 3 de febreiro se solicitou manter coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Provincia de Lugo, a cal tamén esperan que asista os responsables de Atención Primaria na Provincia, para intentar solucionar a situación que se mantén dende o pasado mes de decembro, e que a mesma non se volva a repetir en periodos vacacionais, por baixa debido a enfermidade ou accidente laboral da titular da praza.

Para a mesma, habrá autobuses dende o propio Centro Médico de Muimenta, ás 11:00 horas a disposición de todos os veciños e usuarios do mesmo (sembramos que son veciñ@s non solo de Muimenta, senón tamén dos pobos limítrofes e dos Concellos de Castro de Rei, A Pastoriza ou Abadín)

Esta nova actuación súmase á concentración que o pasado xoves 5 de febreiro (xoves da feira) tivo lugar ás 12:45 horas, con saida do Centro de Saúde de Muimenta ata a Praza Maior, onde se chegou as 13:00 horas para mostrar o seu apoio a que restableza o horario habitual de atención aos usuarios por parte dun facultativo, e onde asistiron máis de dúascentas persoas.

Igualmente, seguese coa recollida de sinaturas de apoio ao Centro de Saúde de Muimenta, e a recuperación, no seu horario habitual de facultivo para que poida atender aos usuarios que demanden os seus servizos e as mesmas esperan presentarse o vindeiro venres no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Lugo:

“COA MIÑA SINATURA QUERO DAR O MEU APOIO AO MANTEMENTO DO CENTRO DE SAÚDE DE MUIMENTA, CON UN MÉDICO E UN A.T.S. NO SEU HORARIO HABITUAL E QUERO MOSTRAR A MIÑA QUEIXA COA REDUCCIÓN DE HORARIOS DE ATENCIÓN AOS PACIENTES E USUARIOS DO MESMO.”

Lembramos que aos veciñ@s levan denunciando problemas co servizo médico dende marzo do 2.012 e que mostrar a súa preocupación a que sexa un paso previo á supresión das prazas de Médico e A.T.S., e que se confirme como unha medida máis dentro dos axustes. Lémbrase que a sanidade é un dos dereitos básicos da cidadanía e unha necesidade elemental a cubrir por parte da Administración, que distribúe os impostos que recaudan dos cidadáns, e é a setima vez en casi tres anos que se producen incidencias, consideradas graves ou prolongadas.

Esta nota de prensa está asinada polos seguintes colectivos:

–  Asoaciación Cultural e Veciñal “Aquilino Iglesia Alvariño”

–  Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta

–  Asociación Cultural, Veciñal e Deportiva dos Xogos Tradicionais de Muimenta – XOTRAMU

–  Carabullo, Asociación Cultural e Xuvenil de Muimenta

–  Clube de Tenis de Muimenta

–  S.D. Muimenta

–  Sindicato Labrego Galego

16 de febreiro de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.