Concello de Ferrol e UDC organzan as xornadas municipais “Educando en Igualdade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, organiza conxuntamente coa Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC) e coa colaboración do Valedor de Pobo as Xornadas Municipais de Educación “Educando en Igualdade”. A edil Susana Martínez Galdós deu conta desta proposta aos grupos municipais na comisión informativa de Cultura, Educación, Deportes e Turismo celebrada esta mañá.

Estas xornadas educativas, de carácter gratuíto, celebraránse os días 26 e 27 de febreiro, e 5 e 6 de marzo e terán lugar no Salón de Actos do Campus de Ferrol e a Aula Magna da Facultade de Humanidades. A programación inclúe talleres, seminarios, conferencias e coloquios nos que se abordarán temas como as relacións familiares e educativas, os menores e as novas tecnoloxías, o papel das familias na educación, o acoso escolar ou bullying, e a prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.

O prazo de inscripción estará aberto a partir do vindeiro mércores, día 11; e até o luns 23 de febreiro -até completar aforo e atenderanse as solicitudes por orde de inscrición-. Certificarase a asistencia por parte da Universidade da Coruña, sempre que a participación en termos de asistencia sexa dun mínimo do 85% das xirbadas.

Os interesados en participar nestas xornadas municipais sobre educación deberán apuntarse na seguinte ligazón: http://www.udc.gal/oficinaigualdade/formularios/inscricion_curso_general.html

Programación

– Xoves, 26 de febreiro de 2015:

… 17.00 h. Acto inaugural das xornadas. Esta prevista a asistencia do alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da Universidade da Coruña, Araceli Torres. Haberá unha actuación musical a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ferrol – Xan Viaño.

… 17.15 a 20.00 h: Taller-Seminario sobre “Relacións familia-fillos/as e relacións profesorado-alumnado. Outros escenarios educativos: actividades extraescolares e outros servizos”, a cargo de Jaume Carbonell Sebarroja, director da revista Cuadernos de Pedagogía (1997-2012); e autor de diferentes publicacións e artigos sobre escola, educación e renovación pedagóxica.

– Venres, 27 de febreiro de 2015:

… 17.00 a 18,30 h. Conferencia-Coloquio: “Menores e novas tecnoloxías. Unha responsabilidade compartida”, coa participación de Daniel Neira Barral, responsable da Área de Novas Tecnoloxías da Oficina do Valedor do Pobo; e Antonio Rial Boubeta, profesor titular da Área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da Universidade de Santiago de Compostela e coordinador do proxecto “Mocidade on line”.

… 18.30 a 20.00 h. Conferencia-Coloquio: “¿Que se aprende dentro e fora da escola? O papel da familia e doutros axentes educativos”, a cargo de Jaume Carbonell Sebarroja.

– Xoves, 5 de marzo de 2015.

… 17.00 a 21.00 h. Taller-Seminario: “Acoso e violencia escolar. Estratexias de prevención, avaliación temperá e intervención en casos de Bullying”, con Iñaki Piñuel y Zabala, profesor titular da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Alcalá; autor de diferentes publicacións e artigos sobre violencia, acoso escolar e bullying.

– Venres, 6 de marzo de 2015.

… 17.00 a 18.00 h. Obradoiro: “Educar e coeducar: prevención da violencia de xénero nos espazos educativos”, impartido por “Sara Vierna Fernández, Educadora social e axente de igualdade. Socia de Sinergias-Intervención Social.

… 18.00 a 20.00 h. Conferencia-Coloquio: “Estratexias para avaliar e previr o acoso e violencia escolar ou bullying”, con Iñaki Piñuel y Zabala.

6 de febreiro de 2015 | 19:28 • 2 comentarios

2 comentarios

» Comentarios RSS Feed
  1. Quiero apuntarme en el curso de educando en igualdade

  2. Apuntarme en el curso de educa en igualdade