Concello de Curtis e Vicepresidencia estudan melloras ambientais e de eficiencia enerxética

Alfonso Rueda na reunión co alcalde de Curtis
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, mostrou a súa receptividade e a dispoñibilidade do seu departamento para atender os proxectos presentados polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, encamiñados principalmente a melloras ambientais e de aforro enerxético.
Na reunión mantida onte abordáronse varias iniciativas, algunhas proxectadas para desenvolver polo concello curtiense de xeito individual e outras para poñer en marcha de xeito conxunto con municipios limítrofes da bisbarra. Algúns dos proxectos enmárcanse nos programas do fondo de compensación ambiental e de equipamento e dotacións, así como accións de mellora ambiental e plans de aforro e eficiencia enerxética.











