Concello da Laracha e o obradoiro de emprego organiza un programa de catro de sesións de contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha e os alumnos e persoal docente do módulo de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil do obradoiroA Laracha-Arteixo: Colaborando polo emprego II organizan un programa de catro sesións de contacontos que durante os próximos días se desenvolverán nas bibliotecas municipais da Laracha e de Paiosaco

A proposta vai dirixida a nenos maiores de tres anos de idade. Non se require de inscrición previa e a entrada é libre e gratuíta para o participantes. Os contacontos da Laracha serán o xoves 19 e o mércores 25 de febreiro. Os de Paiosaco terán lugar o martes e xoves da próxima semana, días 24 e 26 de febreiro. En todos os casos as sesións comezarán ás 18:00 horas.

Esta iniciativa ten o dobre obxectivo de ofrecer actividades á poboación ao mesmo tempo que os alumnos realizan as prácticas contempladas no programa formativo do obradoiroA Laracha-Arteixo: Colaborando polo emprego II.

Tamén coa mesma finalidade realizáronse actividades en conmemoración do Samaín, no Nadal e estanse levando a cabo obradoiros de diverso contido durante o Entroido.

16 de febreiro de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.