Comezan as labores de mellora do saneamento na rúa López Ballesteros
As obras de mellora da rede de saneamento contratadas polo Concello chegan esta semana á Rúa López Ballesteros. A empresa adxudicataria ten previsto comezar mañá a valar e informar aos veciños e usuarios de garaxes da zona afectada. A previsión é que as obras propiamente ditas se inicien o xoves.
O tramo no que se van a realizar a renovación do servizo de saneamento en López Ballesteros é o comprendido entre o final da estación de autobuses e o edificio coa galería comercial onde se empraza a Academia Nydia. Os traballos nesta zona requiren moita precisión dado o elevado número de canalizacións de servizos que discorren por esta vía. De feito, a zanxa para retirar as tuberías vellas do saneamento e instalar as novas terá que profundizar ata os dous metros. A previsión é que as obras se desenvolvan en dúas semanas. Esta actuación é necesaria debido aos reiterados probloemas e avarías que se rexistran nesta zona do barrio.
A mellora do saneamento en López Ballesteros é unha das actuacións incluídas nun proxecto máis amplo a través do que xa se actuou na Ráu do Adro (Cornazo) e que tamén prevé melloras en tramos de Juan Carlos I e a Rúa Figueira. As obras fináncianse a través do Plan municipal de Investimentos de 2014 e contan cun ornamento de 124.000 euros do Plan Municipal de Investimentos de 2014.
Os traballos afectarán a cinco tramos da rede nos que na actualidade se rexistran problemas de mal funcionamento ou nos que é preciso ampliar o servizo.
Covda, adxudicataria das obras, remata estes días a actuación da Rúa do adro, onde ademais do saneamento tamén se mellorou a recollida de pluviais. En principio estaba previsto continuar por Juan Carlos I, mofificando os planes para non interferir demasiado no tráfico rodado que toma esta vía como alternativa mentres no remate o asfaltado na Avenida da Mariña.
Precisamente, os traballos de asfaltado retomáronse hoxe coas labores de fresado na contorna da rotonda dos xulgados. Como mañá celébrase o mercado ambulante, non se proseguirá co asfaltado ata a tarde, sempre que non chova.











