publicidade hoxe

Comeza un curso de atención sociosanitaria en Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O vindeiro 3 de marzo, no marco do Programa Aurora do Concello de Castrelo de Miño (executado en colaboración co Instituto da Muller e cofinanciado polo FSE) dará comezo un “CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA”, que será a principal das accións formativas dirixidas a mellorar a empregabilidade das participantes deste Programa.

O Centro de Día de Vide acollerá este curso que terá unha duración total de400 horas impartidas cunha metodoloxía mixta (presencial e online) buscando axudar así tanto a conciliación familiar, como a mellorar o dominio das novas tecnoloxías.

As participantes terán a oportunidade de realizar 100 horas de prácticas non laborais en centros de traballo relacionados tanto con Axuda a Domicilio como con Atención en Institucións Sociais, co fin de contribuir así a mello­rar a súa empregabilidade e ofrecerlles un contacto directo coa realidade laboral, nunha das áreas de traballo con maior posibilidade de emprego neste momentos dentro da comarca.

24 de febreiro de 2015 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.