Comeza en Teo un novo concurso de tapas do Entroido
O Concello de Teo organiza unha nova edición do concurso de tapas de novo centrada no entroido. O TapTeo 2015 comeza este venres 6 de febreiro e remata o 22 de febreiro coindindo deste xeito cos datas centrais do entroido na comarca. Unha vez máis os produtos típicos como as fillas, o lacón ou os grelos serán protagonistas dalgún dos petiscos ofertados nos locais participantes, máis este ano tamén se lles pide que as tapas sexan “enmascaradas” en referencia ás máscaras.
Participan no concurso os seguintes locais da hostalaría teense: Bariloche Café Restaurante, Parrillada As Brasas, A Capilla, Chila Café, Restaurante San Martiño, Hotel Congreso, Cafetería Maradentro, Canaletto, Casa Nerea, Restaurante A Videira, Casa Pernas, Bar O Cruce, Taberna Mella, Cervecería A Santa Sede, Restaurante María Castaña e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo que funcionará os tres sábados de duración do concurso. Os locais distribúense en tres rutas por proximidade. A ruta 1 Calo-N 550, a ruta 2 Cacheiras-Montouto e a 3 Ramallosa-Pontevea.
Este ano as tapas custarán 2 euros e o horario no que se poderán pedir serán entre as 13:00 e as 15:00 horas e entre as 20:30 e as 23:00 horas. Ademais como novidade un xurado oficial elixirá a mellor tapa e a tapa enmascarada máis orixinal, aquela que teña unha presentación máis ornamentada ou que lembre a algo do entroido. Entre os votos emitidos polo público tamén se elixirá a primeira e segunda mellor tapa ademais da tapa co premio á calidade no que se pide unha valoración global do establecemento.
O TapTeo 2015 terá un pasaporte para poder selar en cada establecemento no que se consuma a tapa e que se pode depositar nunha furna en calquera dos locais unha vez completado ou polo menos con 12 cuños para poder participar no sorteo dun segunto premio. Os pasaportes completados cos 16 selos participarán no sorteo do primeiro premio, un abono anual para a piscina municipal da Ramallosa. Estes pasaportes, agás o premiado, xuntaranse cos que teñan 12 selos cubertos para facer o sorteo do segundo premio, unha fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural en Teo.
As papeletas nas que se valoran os petiscos tamén optan a un terceiro, cuarto e quinto premio. O terceirto premio é un televisor de 22 pulgadas donado por Gadis, o cuarto é unha cea para dúas persoas nun dos establecementos adheridos ao TapTeo 2015 e o quinto unha cesta de produtos cultivados e elaborados polos labregos e labregas que fan posible o mercado do alimento labrego de Teo. Os sorteos realizaranse na Casa do Concello o 24 de febreiro de 2015.
A maiores as persoas que teñan cinco selos no pasaporte poden pasar polas instalacións da piscina municipal climatizada da Ramallosa antes do remate do concurso e faranlles entrega dun convite para facer usar as instalacións un día de xeito gratuíto.
Patrocinan este concurso de tapas do entroido Aquafit, Gadis e a adega Ponte da Boga.











