Comeza a renovación das pistas centrais de tenis de Fontecarmoa cun investimento de 56.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Operarios da empresa especializada en equipamentos deportivos Mondo Ibérica comezaron xa as obras para a renovación das pistas centrais de tenis do complexo polideportivo de Fontecarmoa. Na actuación, a Fundación de Deportes, que preside Elena Suárez, se investirán 56.615 euros. As obras consistirán fundamentalmente en dotar a tres pistas de herba artificial de alta calidade.

Para causar as menores molestias posibles, a substitución se realizará cancha a cancha, de xeito que os usuarios sempre teñan alomenos outras tres pistas libres. Na primeira das canchas xa se retirou o anterior céspede, moi deteriorado polo uso continuo. Agora o solo será tratado cunha resina de poliuretano, tarefa que probablemente se leve a cabo mañá, con tempo seco. Logo se instalará o novo céspede, composto por fibras artificiais de polipropileno de 12 milímetros indicadas para pistas de alta calidade, rendemento e durabilidade. Unha vez concluídas as obras na primeira pista e sendo xa operativa, se seguirá co mesmo procedemento na seguinte, e así ata rematar. Segundo o contrato, a empresa Mondo ten dous meses para realizar estes traballos.

3 de febreiro de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.