publicidade hoxe

Comerciantes e hostaleiros miñenses implicanse no Entroido en Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+
Presentación das actividades do Entroido

Presentación das actividades do Entroido

O Concello de Miño e aAsociación de Empresarios de Miño organizan conxuntamente o Entroido en Miño. Concello e empresarios ultiman os detalles da programación do Entroido 2015 que se celebrará en Miño esta fin de semana.

Un ano mais, o entroido miñense destaca pola implicación dos empresarios e hostaleiros da nosa localidade. Asi, xunto coa Asociación de empresarios de Miño o Concello organiza para o sábado 14 de febreiro unha Festa de Entroido con cocido, con sorteo de “vales de compra” por valor de 1.500 euros e baile de disfraces con premios para grupos e individuais por valor de 1.750 euros.

O entroido en Miño continua o domingo 15 de febreiro cunha Festa Infantil nas pistas de Rabazal a partir das 17,30 horas.

Concello e empresarios asinaron en xaneiro un convenio de colaboración para dinamizar o comercio local

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, e o presidente da Asociación de Empresarios de Miño, José Pousada Cubeiro, asinaron en xaneiro un convenio co obxecto de fomentar e promocionar o Entroido en Miño, asi como promocionar e revitalizar o comercio miñense. Á sinatura do convenio asistiron o primeiro tenente de alcalde, Antonio Bernardo e o secretario da asociación, Ricardo Grueiro.

Por medio deste acordo, o Concello de Miño outorga á asociación  unha subvención de 2.500 euros para levar a cabo a realización de diferentes campañas  e actividades, sumadas á programación de actividades do Entroido 2015.

O alcalde de Miño destacou e agradeceu o gran papel dinamizador que desempeña a asociación e que con iniciativas como “Gaña mercando en Miño”, entre outras, promovense condicións mais favorables para o desenvolvemento económico miñense e a creación de emprego no municipio.

11 de febreiro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.