COGAMI forma como almacenistas a persoas con discapacidade en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

As instalacións que COGAMI ten en Ferrol (rúa Sánchez Calviño, nº 56-58) acollen un curso de formación profesional dirixido a persoas con discapacidade en situación de desemprego e que están apuntadas na bolsa de busca de emprego da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, que ascende en Ferrol a 2.720 persoas inscritas.

Financiado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Secretaría Xeral de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo no marco do convenio de Formación Profesional e Formación Ocupacional para as persoas con discapacidade que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 15 alumnos, procedentes dos concellos de Ferrol, Narón, Mugardos, As Pontes e San Sadurniño asisten de luns a venres en horario de 9 a 14 horas ao curso que leva por nome Xestión de stocks, almacén e control de caixa.

Cunha duración total de 250 horas lectivas, das que 100 serían de teoría e 150 de práctica no manexo de carretilla, os alumnos terán a oportunidade de realizar prácticas en empresas da zona cando rematen as clases.

COGAMI decidiu impartir en Ferrol este curso de xestión de stocks, almacén e control de caixa porque é unha profesión que demandan as empresas da zona e, polo tanto, é unha formación que posibilita ás persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual, especializarse nunha profesión que ten saída laboral.

3 de febreiro de 2015 | 11:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.