publicidade hoxe

Cociñar sushi ou crear obxectos con Goma Eva nas actividades da fin de semana en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Vedra presenta dúas alternativas para esta fin de semana incluídas dentro do Programa “Posta a Punto”. Por un lado está “Cociñas do Mundo. Comida xaponesa” onde os participntes poderán aprender a facer sushi. Este obradoiro terá lugar o venres 27 de febreiro, ás 20.00 h. na Casa da Estación do Tren (Sta. Cruz de Ribadulla) no Centro Municipal de Formación. Os interesados poderán inscribirse no teléfono 981 81 46 91 ou por e-mail en cultura@concellodevedra.com.

Pola outra banda, atópase o curso de creación de obxectos con Goma Eva que ten un custo de 15 euros (6 horas). Ditas clases impartiranse o sábado 28 de febreiro de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 h., tamén na Casa da Estación do Tren (Sta. Cruz de Ribadulla) no Centro Municipal de Formación. Os interesados poderán inscribirse no teléfono 981 81 46 91 ou por e-mail en cultura@concellodevedra.com.

25 de febreiro de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.