publicidade hoxe

Cinco persoas evacuadas por intoxicación de monóxido de carbono en Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+
Europa Press

Cinco persoas dunha mesma familia, dous menores e tres adultos, foron evacuadas na madrugada deste luns afectadas por intoxicación por monóxido de carbono nas súas vivenda en Valga (Pontevedra). Segundo informou o 112, tras recibir o aviso sobre as 2,30 horas, os bombeiros do Salnés, unha vez no lugar e feitas as correspondentes medicións comprobaron que había unha “alta concentración” dese gas.

Ademais, indicaron que a causa máis probable da intoxicación puido ser debido a unha avaría no quentador que había na casa dos afectados, situada na parroquia de Setecoros, no municipio de Valga. Tras recibir o aviso, o CAE 112 Galicia recibiu a chamada de alerta e, de inmediato, solicitou a intervención dos bombeiros, dos efectivos da Garda Civil e do GES de Valga.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao centro de Atención Primaria de Valga a dous menores e a un varón de 29 anos, M.C.R.; unha moza de 29, I.F.L., e a unha muller de 48, M.R.R.C., segundo sinalaron fontes sanitarias.

23 de febreiro de 2015 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.