Chega a Compostela o espectáculo teatral ‘O Crédito’ con ‘Morris’ e Pedro Alonso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A obra de ‘O Crédito’, cos actores ‘Morris’ e Pedro Alonso, chega a Santiago de Compostela con representacións do mércores 18 ao domingo 22 de febreiro. O espectáculo foi presentado este xoves en rolda de prensa polo propio Antonio Durán ‘Morris’, a produtora Mercedes Castro, a concelleira de cultura, María Antón e o director xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.

A cita terá lugar ás 20,30 horas todos os días salvo o domingo -que será ás 20,00 horas- no Teatro Principal e incluirase dentro do bono de teatro galego. As entradas xa están á venda a un prezo de 16 euros (10 en anfiteatro) e pódense comprar en despacho no seu horario habitual, en entradas.abanca.com ou no 902.434.443.

A OBRA

A obra chega á xente porque parte dunha situación cotiá, moi próxima para o público, como é que o director dunha sucursal bancaria lle negue un crédito a un cliente desesperado por falta de avais. Neste momento, o cliente reta ao director da sucursal e, en palabras de Antonio Durán ‘Morris’, a partir dese momento “prodúcese un duelo de dous individuos que se botan un pulso e rematan enganchados no destino que se traza nesa oficina”.

“A obra transcende o problema bancario”, segundo ‘Morris’. “Estes dous homes vanse redescubrindo a si mesmos e dos seus conflitos internos nace o desenlace que fai que remates cun sorriso na boca”, dixo de ‘O Crédito’. Trátase, pois, dunha comedia “humana” que fala “da nova vulnerabilidade”, de “pequenos eventos que se poden converter nun furacán que pon a vida patas arriba”, segundo os seus autores.

12 de febreiro de 2015 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.