Charla de primeiros auxilios en Nigrán
O Club Panxón Nigrán FS organiza unha charla sobre primeiros auxilios no deporte de base na que partiparán José Carlos Caride (Técnico Medicalizado 061) e Teresa Chamorro (enfermeira da unidade de traumatoloxía do Hospital do Meixoeiro). A cita terá lugar o 6 de febreiro, en horario de 19.00 a 20.00 h. no CPI de Panxón.
Temática: Introdución ás técnicas e procedementos de primeiros auxilios
Contido: Atragantamento, cambres, cánula de Guedal, contusións, desgarro muscular, epilepsia, epixtasis, escordaduras, fracturas, golpes de calor, hemorraxias, hipoglucemia, lipotimias, luxacións e RCP.











